Programa sobre o Home e a Biosfera

Imaxe do programa MAB

O Programa sobre o Home e a Biosfera (en inglés Man and the Biosphere Programme) (MAB) é un proxecto científico intergobernamental da UNESCO que comezou en 1971 e que ten por obxectivo entender como as accións humanas do presente afectan á conservación da biosfera, como se poden aproveitar dun xeito racional e sustentable os recursos dos ecosistemas e manter a diversidade cultural. Con isto, búscase mellorar como a humanidade aproveitaba o ambiente e axudando á súa conservación.[1][2][3]

O traballo do programa MAB está liderado pola UNESCO e encádrase dentro da axenda internacional, en particular cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel e a axenda de desenvolvemento post-2015. A súa iniciativa de investigación aborda os problemas tanto científicos como sociais que afectan ao desenvolvemento dos diversos ecosistemas, ben sexan os terrestres ou mariños ou os espazos naturais virxes ou as áreas urbanas. Estudan como mellorar a calidade de vida das persoas e como salvagardar a natureza e os seus ecosistemas, buscando métodos innovadores do desenvolvemento económico que sexan social e culturalmente apropiados e sustentables. A cooperación do programa aborda tres puntos principais: a perda da biodiversidade, o actual período de cambio climático e o desenvolvemento sustentable. Con iso, o programa promove a involucración de científicos nas políticas de desenvolvemento que afectan á biodiversidade.[1]

En 2017 o programa MAB tiña declaradas 669 reservas da biosfera catalogadas na Rede mundial de Reservas da Biosfera e distribuídas por 120 estados, con 20 reservas transfronteirizas.[3][4] Galiza conta con 6 reservas da biosfera, unha delas compartida con Portugal.[5]

  1. 1,0 1,1 UNESCO (eds.). "Man and the Biosphere Programme" (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  2. UNESCO (eds.). "Man and the Biosphere Programme - About MAB" (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 UNESCO (eds.). "World Network of Biosphere Reserves (WNBR)" (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  4. UNESCO (eds.). "Man and the Biosphere Programme - Biosphere reserves" (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  5. Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Reservas da Biosfera". Consultado o 15 de outubro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search